xoves, 29 de agosto de 2013

A mar.

Cando estás cabalgando as olas, 
a vida paréceche bonita 
malia que algunha da xente que conheces 
loite por saír a flote. 

Iso é ter escaso sentido da empatía.

A empatía é coma o bazo: 
a simple vista non sabes se unha persoa ten diso. 
Ninguén morreu endexamais 
(de xeito directo e inmediato) 
por carecer de empatía. 
Podes vivir perfectamente sen ela. 
E de feito, tamén sen bazo.

A marea está alta, e vives sen medo 
porque te fartas de triunfar, 
ata que de tanto ganhar, 
terminas por aburrirte
e a vida semella un tedio, 
ata que che destroza as conviccións.

Zas! Coma unha mau na cara!

Derrúbase todo 
cun 
ruído 
es
tre
pi
to
so.

Só quedan os alicerces, a modo de labirinto.

Un labirinto ateigado de espellos,
e en cada un deles
o reflexo do maior dos enigmas:

     ti.





Ningún comentario:

Publicar un comentario