A poesía fala
dun mozo ben peinado
con pantalóns de traxe fino
e uns tirantes que aprisionan
unha básica branca.
Agarda a inspiración
ó carón da súa máquina de escribir.
Prende un cigarro
e esa imaxe
xa é maxia.
Chego, espértote
e lémbroche o cheiro a fume
os dentes amarelos
o alento agresivo.
Venho só presentarche
o cigarro milagreiro
que a estas alturas debería ser cabicha
mais que será cigarro por sempre
só porque o dicta a poesía.

Ningún comentario:
Publicar un comentario