luns, 23 de setembro de 2013

Derradeira páxina: o espello da (c)alma.

Senta na cuarta fila.

Leva o pelo recollido cunha coleta desas baratas que todo o mundo ten na casa.
Hai días nos que toma notas sen pausa, arquexando a espalda; e outros nos que adormece sen disimulo sobre o caderno.

Devezo por botarlle unha ollada á derradeira páxina, sei que nela apunta as frases que lle dicta o subconsciente.
Pode que tamén anote sonhos, inquedanzas (pluralia tantum, leollo no rostro, pois rezuma curiosidade) a esperanza de que chegue alguén que lle de sentido a tantas horas mortas.

As horas mortas que nos fan sentir un baleiro.
Un baleiro que muta en nostalxia de cando en vez.
Nostalxia do que osamos imaxinar (e só imaxinar).

É luns,
adormece sobre o seu caderno.

Eu,
tres filas tralas súas costas
renego do mundo.

Só sonho con que me sonhe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario