martes, 17 de setembro de 2013

Escusas pra sorrirmos.

Gústame crer que quedan escusas pra sorrir.
Tropezo continuamente con vidas das que endexamais saberei nada, polo mero feito de non preguntar, ou quizáis polo de que a voz que mais precisa berrar é a miúdo a que menos escoito.

Malia todo, vivo:

As comidas familiares, as amizades que che regalan mais do que prometen, os luns festivos, a nena que defende o seu irmán do acoso escolar
(ou ás veces incluso, a alguén que non conhece
) as senhoras maiores que te invitan amablemente a colarte no supermercado, as mascotas que te reciben coma se levasen anos sen verte, as parellas octoxenarias que aínda caminhan da man, xs cativxs que van dentro do carro da compra, escritorxs fracasadxs que saen ó café de sempre...por se entra a inspiración, os taxis que frenan ó teu pé e che perdoan parte do importe, xs peregrinxs que malia a dor chegan e bican o chan Compostelán, a xente en cadeira de rodas que atopa escaleiras de seguido...e inda esí sorrí, a música cantautoril enchendo as rúas e os recantos do día, as persoas que doan sangue, as bibliotecas...
Que os bicos e as apertas sigan sendo gratuitxs, que che recorden o insoportable que eras de cativx e o guapísimx que estás, que os 'por que' abran mais candados ca unha tenaza.

Os sorrisos que rezuman vida
malia as contradiccións, os 'case' e outros impedimentos que entorpecen o caminho pero que non o interrompen.

O mundo está tolo, din
mais eu diría que só lixeiramente infectado.
Abofé!
Non deixan de demostralo...por iso, estas linhas son prá xente que valora mais os cartos cás persoas, políticxs sen p(rioridad)es nin cabeza que endexamais lerán isto por estaren ocupadxs nos seus relaxing aposentos, eses que nós mantemos por puro decoro.

Diríxome a todxs vos pra dicirvos que sobrevivimos á vosa hipocresía pero conservamos a esperanza de que a vosa incompetencia se extinga convosco algún día.

E 'algún día'
pode ser 'pronto'.

Coido que ise
é un motivo tremendo
pra sorrirmos.

Pero insisto,
ti, que me les,
ti, que tes o sangue
da cor co solpor
e non azul escuro
coma a auga
estancada.

Tes que saber que te quero
sen conhecerte,
só por existires sen complicarlle a existencia a moita xente.

Porque eu tamén choro
de cando en vez,
tamén fago chorar,
aínda que non sempre querendo
nin en cantidades industriais.

Ti, tes que saber que
agardo, atopes a felicidade
nas cousas pequenas,
que te sorprendas por todo.

Que te bique
decotío
a sorte.

Tanto,
e tan de sorpresa
que tenhas que berralo
ben forte.                  
                                          

1 comentario:

  1. Lin o que escribiches e gustoume moito, é precioso... Pido que haxa máis xente así, por favor!!

    ResponderEliminar