xoves, 5 de setembro de 2013

Stock emocional.

Traballar nun bar
ensinache a ver o mundo
co ollar de quen
está ahí pra te servir
sen poder facer nada por salvarte.

Velaí chega
avasalladx polos anos,
arrastrando unha hipoteca
e outros compromisos
dos que se arrepinte.

Doulle a benvida ó lugar
no que a xente,
farta de convivir consigo propia
ven a d(esc)o(nhec)erse
a vivir pra beber
a beber pra (es)quecer

(Es)quecer...para que?
endexamais o entenderei
pois a vida sempre agarda
ó outro lado da fiestra;

agarda calada, pero evidente
coma esa treboada que nos ancla
a unha melancolía
brutal e constante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario